domingo, 23 de marzo de 2025

Becas comedor para el curso escolar 2025-2026




El plazo para la solicitud de las becas de comedores escolares irá desde el día 18 de marzo al 4 de abril de 2025.

El 17 de marzo se publicó en el Boletín Oficial de la Provincia la convocatoria de becas comedor para el curso escolar 2025/2026.

La solicitud específica, los anexos y el resto de documentación exigida en la convocatoria podrán presentarse en los registros municipales, en el registro telemático de la sede electrónica municipal, así como en cualquier otro de los previstos en el art. 16.4 de la Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas, del 18 de marzo al 4 de abril de 2025.

Los impresos estarán disponibles en las oficinas de todos los registros municipales, en los centros cívicos municipales y en la sede electrónica.

Sede electrónica

sábado, 1 de marzo de 2025

Admisión curso 2025-2026

 Dende o día 1 ata o 20 de marzo, ámbolos dous inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza para o curso escolar 2025-2026.

 A normativa que segue esta proceso é a seguinte:

  • O Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato (DOG núm. 29, de 11 febreiro) 
  • A Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o decreto e se regula o procedemento de admisión do alumnado (DOG núm. 212, 8 de novembro) 
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

Deixámosvos pinchando a solicitude admisión galego ou solicitude admisión castelán e tamén na secretaría do centro temos formularios á vosa disposición.

Se o desexades podedes realizar de xeito telemático a solicitude co voso DNI electrónico entrando no seguinte enlace:

páxina da Xunta admisión alumnado

 Neste enlace deixamos o mapa das áreas de influencia dos colexios concertados de Coruña

mapa zona influencia concertados

Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar, perdendo os dereitos de prioridade que poida corresponderlle de non facelo deste xeito. 


Como cada ano, non temos un día en concreto de portas abertas senón que podedes visitar o noso centro para coñecelo cando mellor vos conveña. O único que vos pedimos é que solicitedes cita (telf.: 981 255 244 ou no correo eléctronico  cpr.cid@edu.xunta.es).






Tamén vos deixamos as vacantes para este curso 25-26

martes, 14 de xaneiro de 2025

Reserva plaza 6º primaria IES Rafael Dieste curso 2025-2026

 IES Rafael Dieste

A reserva de praza no IES Rafael Dieste para o alumnado que finaliza 6º curso de educación primaria no noso centro pódese facer a través de internet ou entregando o anexo I en castellano e anexo I en galego no noso centro en horario de secretaría. 

Tamén pode ser entregada polo propio alumnado ao que se lle entregará unha copia de entrega. 

O prazo é do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2025, ambos incluídos.

A non entrega no prazo e forma establecidos causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.

luns, 30 de decembro de 2024

Felices festas!!

 O equipo docente do Colexio Cid quere desexarvos a todas as persoas que formades parte desta gran familia  unhas moi felices festas. 

















Feliz Nadal e feliz 2025!!








mércores, 6 de novembro de 2024

Renovación parcial consello escolar

  

De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (DOG do 18/09/2024), realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituíu ao efecto o pasado 28 de outubro:

 

• A directora do Centro.

• Unha representante da titular do Centro.

• Unha representante do profesorado.

• Un pai ou nai ou titor legal.

 Os dous últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988,do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). 

Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar, pero cada membro só poderá ser candidato por un dos sectores da comunidade escolar.

As candidaturas que toca renovar son:

·         1 representantes de pais/nais.

·         2 representantes do profesorado.

Os/As que queiran presentar a súa candidatura poden recoller as papeletas na secretaría do Centro ou descargalas no apartado de circulares do blogue.

Ás persoas membros da Xunta Electoral, membros das mesas electorais e aos electores se lles aplicará o permiso laboral recollido no artigo 117da Lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia e recibirán unha xustificación da dirección do centro pola súa asistencia.

 

CALENDARIO ELECTORAL

_ Martes 22/10/24  ás 14:15. Sorteo para a elección dos membros da Xunta Electoral.

_ Luns 28/10/24  ás 14:15. Reunión constitutiva da Xunta Electoral.

 

_ Mércores 30/10/24 ás 14:15. Publicación dos Censos Electorais, á vosa disposición na secretaría do Centro.

-          Ata o 6 de novembro: período de reclamación ao censo

_ Do 01/11/24 ata o 8/11/24. Prazo de presentación das candidaturas á Xunta Electoral na secretaría do Centro ata as 14:15 do último día. Modelo dispoñible na secretaría e no blogue do Centro. http://colegio-cid.blogspot.com/

_ Luns 11/11/2024 ás 14:15. Reunión da Xunta Electoral para a admisión, proclamación e publicación das candidaturas admitidas.

-          Sorteo para a determinación de vocais e suplentes da mesa electoral. Publicación dos resultados do sorteo anterior e convocatoria para a constitución da mesa electoral.

A mesa electoral estará constituída pola directora do Centro, que actuará como presidente, e catro pais, nais ou titores legais, designados por sorteo público entre os que non se presenten como candidatos e actuando como secretario/a o de menor idade. Preverase o nomeamento de suplentes, designados tamén por sorteo.

 

_ Martes e mércores 12-13/11/2024. Prazo de presentación de reclamación contra a resolución de proclamación de candidaturas. A Xunta Electoral resolverá no seguinte día hábil.

_ Venres 22/11/2024. Eleccións desde as 09:20 ata as 10:00, e das 14:15 ata as 14:50. Cada elector deberá acreditar a súa personalidade mediante a presentación do documento nacional de identidade ou calquera outro documento acreditativo.

_ Luns 25/11/2024 ás 14:15. Reunión da Xunta Electoral para a proclamación dos candidatos elixidos. Convocatoria para a constitución do Consello Escolar.

 

_ Xoves 5/12/24 Constitución do Consello Escolar.

 

O Consello Escolar é un órgano principal de goberno do Centro. Polo que facemos un chamamento á participación dos distintos sectores da Comunidade Escolar.

 

 


domingo, 1 de setembro de 2024

Inicio curso 24-25













Inicio del curso 24- 45 

Un año más arrancamos con mucha energía e ilusión.

A lo largo de esta semana iréis recibiendo información relativa a la organización de este curso:

  • Extraescolares
  • Relación de profesorado y /o tutores
  • Reuniones de incio de curso

¡Os esperamos!