xoves, 14 de marzo de 2024

8 Marzo Día da Muller 2024




O 8 de marzo conmemora a loita das mulleres ao longo da historia e busca recoñecer os logros que acadaron no mundo. Tamén é un día para reflexionar sobre problemas como a violencia machista e concienciar sobre a desigualdade á que se seguen enfrontando as mulleres na actualidade.

Desafortunadamente, esta data tamén nos indica que hai lugares nos que, en pleno século XXI, as mulleres  seguen sen ser escoitadas e aínda se lles impide alcanzar todo o seu potencial, xa que dereitos básicos como o acceso á saúde e á educación seguen sen ser recoñecidos.

Conscientes da importancia desta data para visibilizar as loitas e reivindicacións das mulleres, o alumnado do Colexio Cid reflexionou sobre temas como o feminismo, as desigualdades de xénero, a violencia de xénero e a situación da muller no mundo.

O alumnado de 5º e 6º de EP redactou e leu un manifesto para rebelarse contra as desigualdades e loitar pola participación, o recoñecemento e o empoderamento das mulleres en tódolos ámbitos da sociedade.




 A escola uniuse para reivindicar os dereitos das mulleres a ser diferentes e diversas, a vivir sen medo, o dereito a igual traballo  igualdade salario, o dereito a vivir libres de estereotipos sexistas e a decidir sobre o seu corpo.

 




Cada neno e nena do colexio fixo o seu debuxo ou escribiu a súa frase reivindicando a igualdade de oportunidades e dereitos para todas as persoas, independentemente do seu sexo. Plasmou a súa man para dicir que aínda queda moito por percorrer, pero que seguiremos loitando por un mundo de igualdade e xustiza para todos!

 











Neste día da muller, nos nos esquecemos da escritora Rosalía de Castro, poeta e referente absoluto da cultura galega, na que o 23 de febreiro, data do aniversario do seu nacemento, quixemos renderlle homenaxe con este mural.



 


martes, 5 de marzo de 2024

Admisión curso 2024-2025

Dende o día 1 ata o 20 de marzo, ámbolos dous inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza para o curso escolar 2024-2025.

 

Deixámosvos pinchando a solicitude de admsión e tamén na secretaría do centro temos formularios á vosa disposición.

 

Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar, perdendo os dereitos de prioridade que poida corresponderlle de non facelo deste xeito.


Como cada ano, non temos un día en concreto de portas abertas senón que podedes visitar o noso centro para coñecelo cando mellor vos conveña. O único que vos pedimos é que solicitedes cita (telf.: 981 255 244 ou @: cpr.cid@edu.xunta.es).




venres, 1 de marzo de 2024

Saídas escolares Xaneiro-Febreiro 2024


Saída de 3º EP ao Parque de Bombeiros da Coruña

O mesmo día que se celebra o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, o 30 de xaneiro, 3º EP saiu coñecer o servizo de Bombeiros que temos na cidade. Foi casualidade, mais tamén nos serviu para afondar en grandes valores humanos que fomentan precisamente a non violencia e a paz.

A través dunha visita guiada por Roberto, un bombeiro moi amable e atento, entendimos doutra maneira a importancia do traballo en equipo, a necesidade do esforzo colectivo para acadar o éxito e a confianza no/a compañeiro/a cando se necesita axuda.

Probamos a roupa de faena con casco e respiradoiro incluido, chamamos á central para dar aviso dunha emerxencia, puxemos a sirena para abrir paso e ata collemos a mangueira para botar auga no incendio. Sen ningunha dúbida, toda unha experiencia! Deixamos unha pequena mostra gráfica para vós, mais o recordo máis importante xa queda grabado na nosa pel para sempre.








Saída de 5º e 6º EI á biblioteca do Ágora

 Fomos de excursión á biblioteca do Ágora e alí recibiunos Ole o paxaro que vive na biblioteca. Ole explicounos o funcionamento da biblioteca e amosounos os contos máis axeitados a nosa idade. Contounos un conto e despois exploramos libremente o espazo ollando todos os contos que alí había. Ao marchar cada un de nós collemos un conto e levámolo ao cole nunha maleta viaxeira. Foi moi divertido!

 





Saída de 2º EP a Bonilla da Coruña



Dentro da participación do noso alumnado na vida escolar está a selección das visitas escolares. Entre todas as opcións segundo elixiu a empresa do sector alimentario "Bonilla a la vista" con 92 anos de historia.
Alí puidemos descubrir todo o proceso da transformación das patacas, os avances tecnolóxicos da empresa, cómo é a súa loxística e que as patacas Bonilla véndense noutros países do mundo coma Corea do Sur
As visitas a empresas locais permite aos nenos/as que vexan de primeira man como funciona un negocio real. Ademáis son inspiradoras e pode motivalos/as a perseguir os seus soños nun futuro próximo. 





Saída de 5º EP a Capitanía

O pasado luns, 26 de febreiro, o alumnado de 5º realizou unha visita ao Pazo de Capitanía Xeral da Coruña.
Na visita guiada poideron baixar ó antiguo depósito de auga ou "aljibe" e escoitar diferentes explicacións no patio interior. Tamén puideron  admirar magníficas vidreiras, o Salón do Trono ou o Pasillo dos espellos, cadros do Museo do Prado, lámpadas de cristal e outras pezas decorativas do Pazo.
Foi un bo día para aprender un pouco da historia da nosa cidade e admirar pezas de arte que non viramos ata agora!






sábado, 17 de febreiro de 2024

Entroido 2024

  Bo día familias!!!!!

Xa estamos de volta e, como queremos seguir coa festa, deixámosvos o resumo do que foi a semana de Entroido no Colexio Cid no que non faltaron máscaras, anxos, demos, orellas e filloas!!!!!




















 

 Feliz Entroido de parte de todo o equipo do Colexio Cid!!!!!