mércores, 11 de novembro de 2015

2º CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR CURSO 2015-2016

Con data martes 10 de novembro, está publicada a SEGUNDA convocatoria para o curso 2015-2016 de axudas para a adquisición de material escolar para alumno/as de EP, ESO, e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para aquelas familias que non a solicitaran na convocatoria anterior ou que, habendo solicitado, resultaron excluídos por unha causa emendable. (Orde de 6 de novembro de 2015)
Resultado de imagen de MATERIAL ESCOLARAs axudas serán solicitadas como na anterior convocatoria presentando o anexo I, en soporte papel, e a documentación requerida no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna.
Os formularios de solicitude poderán obterse no propio centro ou poderán descargalos dende AQUÍ
O prazo de solicitude remata o 21 de novembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario