lunes, 29 de mayo de 2017

O POLIFACÉTICO CARLOS CASARES

Este ano, durante a semana do día das Letras Galegas estivemos coñecendo en profundidade a Carlos Casares e as súas obras. Os máis pequenos do cole coñeceron e fixeron grandes murais de dúas das súas obras máis famosas: A galiña azul e As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. 






Outros cursos realizaron os libros de Carlos Casares e as súas obras infantís como Lolo anda en bicicleta e O can Rin e o lobo Crispín. 






Os maiores usaron as novas tecnoloxías e o traballo en equipo para buscar información e coñeceron que foi o primeiro tradutor a galego da obra "El principito". Por sorte na nosa biblioteca tiñamos un exemplar en galego co seu nome así que estivemos lendo algúns anacos.






viernes, 26 de mayo de 2017

FONDO LIBROS, AXUDAS adquisición material e libros de texto Educación primaria curso 2017/2018

    Resultado de imagen de axudas libros e material
  • Orde do 16 de maio de 2017
  • Descarga de solicitude (ANEXO I) 
  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído). 
  • O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2018.

viernes, 19 de mayo de 2017

OS NOSOS PEQUENOS ARTISTAS

A semana pasada, os alumn@s de primeiro e segundo de Primaria coñeceron o Museo de Belas Artes da nosa cidade. Na primeira parte da visita explicáronnos a historia de tres cadros de diferentes épocas e na seguinte os nosos pequenos artistas realizaron un taller no que crearon o seu propio cadro coa base dun de Carlos Maside.





Como non deu tempo a rematar as fermosas obras que estaban creando, deixamos tempo no cole para acabalas.





sábado, 13 de mayo de 2017

OS NOSOS VERMES DE SEDA

Coma todos os anos, a nosa profe María reparte a todo aquel ou aquela que os queira coidar, vermes de seda. Deste xeito, os nen@s ven todo o proceso do seu crecemento, dende as primeiras fases de muda ata ver como van realizando o seu capullo de seda onde realizarán a metamorfose en bolboreta. Neste miniproxecto participan dunha maneira máis directa os nenos e nenas de segundo de Primaria xa que están situados na súa clase e cada día observan os cambios que se producen neles. 



PROXECTO SEMENTE: Licenza de venda

 O pasado 26 de abril o presidente, tesoureiro, secretario e suplente da cooperativa visitaron o concello para solicitarlle ao noso alcalde, Xulio Ferreiro, a licenza de venda.Esta é necesaria para poder comercializar cos seus produtos o próximo 26 de maio na feira que realizarán todos os colexios participantes neste curso no Proxecto Semente. O presidente da cooperativa tivo que realizar un pequeno discurso para solicitala. Aquí vos deixamos algunhas das fotos da experiencia e o enlace da noticia dixital:





jueves, 11 de mayo de 2017

DIA DA CIENCIA NA RÚA II

Como xa sabedes por entradas anteriores, o pasado sábado 6 de maio celebramos o día da Ciencia na Rúa. Con este día preténdese achegar a ciencia a grandes e pequenos dun xeito festivo e divertido. O noso cole participou por segundo ano co tema da auga. Deste xeito, incorporamos este día ao noso macroproxecto O poder da augaAquí vos deixamos algunhas fotos.






















martes, 9 de mayo de 2017

BECAS COMEDOR CURSO 2017-2018

Resultado de imagen de becas comedor


 Hoy martes 9 de mayo de 2017 se publican en el BOP de A Coruña las bases que rigen la nueva convocatoria del Programa de Beca comedor del Ayuntamiento de A Coruña para el curso 2017-2018.

El plazo para la presentación de solicitarlas será del 9 al 30 de mayo, ambos incluidos.

Podéis obtener los impresos para la solicitud aquí, en los Registros municipales, en las Unidades de Atención Social (Ágora, Cuatro Caminos y Monte Alto), en los centro cívicos municipales o en la secretaría del colegio. 

Bases Becas de Comedor 2017-2018

jueves, 4 de mayo de 2017

XXII DIA DA CIENCIA NA RÚA



Por segundo ano, o noso centro participará este sábado no Día da Ciencia na Rúa. O fío condutor da nosa jaima, nesta ocasión, será a auga. O alumnado de primaria ensinaravos dende os estados da auga ata a necesidade do seu aforro, pasando polas distintas propiedades e ciclos. Todo esto achegaránnolo dunha forma lúdica e participativa onde grandes e pequenos poderán desfrutar coas experiencias científicas e conseguir "wonenburgers" que poderedes canxear por agasallos.

Estaremos de 11 a 19 h.

 Esperamos vervos a todos!!!






Deixámosvos o plano onde ademáis das entidades participantes podedes ver outras actividades que se levarán a cabo ese día no parque, coa novidade dunha jaima do banco de alimentos.