sábado, 13 de mayo de 2017

OS NOSOS VERMES DE SEDA

Coma todos os anos, a nosa profe María reparte a todo aquel ou aquela que os queira coidar, vermes de seda. Deste xeito, os nen@s ven todo o proceso do seu crecemento, dende as primeiras fases de muda ata ver como van realizando o seu capullo de seda onde realizarán a metamorfose en bolboreta. Neste miniproxecto participan dunha maneira máis directa os nenos e nenas de segundo de Primaria xa que están situados na súa clase e cada día observan os cambios que se producen neles. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario