jueves, 4 de mayo de 2017

XXII DIA DA CIENCIA NA RÚA



Por segundo ano, o noso centro participará este sábado no Día da Ciencia na Rúa. O fío condutor da nosa jaima, nesta ocasión, será a auga. O alumnado de primaria ensinaravos dende os estados da auga ata a necesidade do seu aforro, pasando polas distintas propiedades e ciclos. Todo esto achegaránnolo dunha forma lúdica e participativa onde grandes e pequenos poderán desfrutar coas experiencias científicas e conseguir "wonenburgers" que poderedes canxear por agasallos.

Estaremos de 11 a 19 h.

 Esperamos vervos a todos!!!






Deixámosvos o plano onde ademáis das entidades participantes podedes ver outras actividades que se levarán a cabo ese día no parque, coa novidade dunha jaima do banco de alimentos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario