viernes, 30 de junio de 2017

REMATE DOS NOSOS MINIPROXECTOS NATURALISTAS

Como xa comentamos en entradas anteriores, os nenos e nenas de Infantil e primeiro e segunfo de Primaria adentráronse no mundo do coidado dos seres vivos a través de dous miniproxectos: os vermes de seda e o noso pequeno horto.

Aquí vos deixamos as imaxes das últimas fases do ciclo biolóxico dos vermes: formación da crisálida, nacemento das bolboretas e por último a deposición de ovos ata os próximos novos nacementos.





Ademais, nenos de segundo ensináronnos as súas mascotas e nos explicaron cómo as coidaban.




Antes de marchar de vacacións, realizamos a recolleita das patacas. Sabemos que era un pouco cedo para apañalas pero aínda así tivemos unha boa colleita. Aquí vos deixamos as imaxes. 





Tamén vos recordamos que poidemos probar as nosas fresiñas e estaban boísimas.





Por último, podedes observar como creceron as nosas leitugas dende a plantación ata a recolleita. 








martes, 27 de junio de 2017

Merenda Proxecto Semente

Despois dun largo ano de traballo...chegou a recompensa!

Os alumnos/as do Proxecto Semente, con todo o recaudado, disfrutaron dunha tarde de ocio todos xuntos/as fóra do colexio, cunha peli no cine e unha rica merendola!!







Ademáis quixeron aportar o seu graniño de area a unha boa causa e fixeron unha doazón para UNICEF


Ben feito rapaces, estamos moi orgullosas!!!

lunes, 26 de junio de 2017

ROMANORVM VITA

Os alumnos e alumnas de primaria, de 2º a 6º, visitaron a exposición itinerante "ROMANORUM VITA", da Obra Social "La Caixa",  situada na explanada do pabellón de deportes de Riazor.

Nela adentrámonos na vida cotiá dos habitantes de Roma do ano 79 d.C. onde puidemos oler, ver e oir o transcurso da vida social nas rúas e a vida privada nas domus.









A exposición estará ata o 30 de xuño para todos/as aqueles que queiran repetir coa familia.

Tedes toda a información nos seguintes enlaces:

http://agenda.obrasocial.lacaixa.es/-/romanorum-vita-una-historia-de-roma

http://www.romanorumvita.com/?lang=es


jueves, 22 de junio de 2017

Volve O cociñeiro Martiño!!!!!

Como xa comentamos en entradas anteriores, este ano coñecimos un marabilloso conto escrito por Iago López o cal nos visitou para divertirnos cunha versión da sú propia obra. Aproveitamos a boa acollida que tivo por parte dos nenos para facer un miniproxecto. Volvimos a ler e recordar este conto para convertirnos, esta vez, no mesmo cociñeiro Martiño.






O primeiro que fixemos foi comprar os ingredientes do biscoito. No super aproveitamos para repasar os euros e céntimos, comparar precios e repasar os números ordinais. Ao chegar a clase miramos a cantidade de información que aparece nun tiquet e fomos comprando cada ingrediente cos nosos cartos de cartón.





Por último realizamos unha receita que atopmos dun biscoito de iogur. Aquí vos deixamos algunhas imaxes do noso experimento. A verdade é que nos quedou boísimo!!!!







viernes, 16 de junio de 2017

Excursión de fin de curso 16-17

Onte realizamos a excursión de fin de curso todos/as xuntos onde disfrutamos dun bonito día de praia.

Pola mañá dividímonos en dous grupos. Os máis pequerrechos xogaron na area, viron cangrexos, buscaron conchiñas e bañáronse nas pociñas.




 Mentras, os maiores, fixemos xogos colaborativos para atopar un tesouro....Un cofre cheo de moedas!



Despois de súar un pouquiño...disfrutaron dun merecido baño. A auga parrulos!




Xantamos todos/as xuntos/as e desfrutamos dun ratiño de lecer .





Pola tarde desprazámonos ata Santa Cristina onde nos estaban a esperar os marisqueiros da Cofradía da Coruña para amosarnos, de primeira man, o seu traballo.





Moitísimas grazas polo voso tempo e polas vosas explicacións.

Foi un día magnífico!



miércoles, 14 de junio de 2017

Visita ao Castelo de San Antón

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria, realizaron un dos itinerarios propostos polo concello para coñecer un pouquiño máis sobre a historia da nosa cidade.

Nesta ocasión visitamos o Castelo de San Antón onde aprendimos un pouco máis dos diferentes usos que recibiu este lugar co paso do tempo. Tamén acercámonos ata os restos da muralla medieval e coñecimos a historia de diferentes personaxes como: María Pita, John Moore e Francis Drake.





lunes, 12 de junio de 2017

Acto de clausura e graduacións do curso 2016-2017

O pasado xoves realizamos o acto de clausura das actividades extraescolares así coma as graduacións de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria, no salón de actos do IES Rafael Dieste.

Foi unha tarde chea de emocións onde poidemos desfrutar dun amplo abanico de actuacións.

Teatro:



Danza:






Robótica:


Inglés:


Gimnasia Deportiva:


Graduación de 6º de Educación Infantil:




Graduación de 6º de Educación Primaria:



Queremos agadecer a todos/as a vosa presencia neste día tan especial para todos. Ademáis debemos facer unha mención especial a todas aquelas familias que participan activamente coa confección de traxes e cambios de vestiario, moitas grazas polo voso tempo e a vosa implicación.

Grazas tamén as familias, e aos nenos de 6º de primaria, polo bonito recordo.

As portas do Cole sempre estarán abertas para recibirvos.


martes, 6 de junio de 2017

Coñecendo o monte de San Pedro.

A semana pasada os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria foron coñecer a fauna e flora do monte de San Pedro. Para iso usaron principalmente tres dos cinco sentidos: a vista, o olfacto e o tacto. Souperon que temos unha variedade de animais que podemos observar se estamos caladiños, non moi lonxe do noso cole, e tomaron conciencia de que temos que coidar o medio ambiente.

Con anterioridade recibiron no cole unha guía que nos explicou o que iamos atopar alí e fixeron un taller que lles gustou moito. Deixámosvos as imaxes desta saída.








sábado, 3 de junio de 2017

Fiore na rúa!

Durante todo o ano os cursos de 4º e 5º de primaria estiveron a traballar no "Proxecto Semente", organizado polo Concello da Coruña, onde crearon a súa propia empresa  e elaboraron os seus propios produtos para a venda.

Como resultado naceu Fiore, unha cooperativa con grandes ideas e moitas ganas de traballar.

Onte, a pesar das inclemencias metereolóxicas, estiveron na zona do Obelisco e temos que decir que.... Foi todo un éxito!!

Noraboa rapaces e rapazas!

Moitas grazas a todos/as os que empregáchedes un anaquiño do voso tempo en vir a visitar  o noso posto!


























Saímos no Ideal Gallego!

http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/reportaje-sementes-cooperativas-futuro-plantan-junto-obelisco/20170602233221336109.html