venres, 22 de setembro de 2017

Escoita a Nosa Terra

chart (4).png
Proxecto Anual:

“Escoita a Nosa Terra”
Curso 2017-2018
Este Proxecto nace como resposta ao cambio climático que estamos a sufrir e á obriga que temos nós, como educadores/as, para plantar a semente do cambio nos nosos nenos/as. Todos somos parte da Terra e a precisamos para convivir nela, por iso debemos traballar conxuntamente para coidala e así conseguir o benestar común.
Este proxecto interdisciplinar de Centro, pretende ser un nexo de unión de todas as actividades realizadas ao longo do curso por todo o alumnado de educación infantil e primaria pero cunha temática común onde o medio ambiente e a cultura galega sexan os principais ítems a traballar.
É necesario mellorar a educación ambiental do noso alumnado potenciando o desenvolvemento sostible. A partir da creación  de temáticas para investigar aprenderán sobre o coidado do medio ambiente, a importancia da auga, a necesidade do reciclaxe e as consecuencias sociais e económicas do mal uso dos recursos.
A cultura galega está moi arraigada á Terra por iso aproveitaremos os valores e os comportamentos dos nosos ancestros para acercarnos, e incluso recuperar, ás profesións ou labores pouco comúns dunha sociedade industrial e consumista do século XXI.


Ningún comentario:

Publicar un comentario