luns, 30 de outubro de 2017

Tico recomenda...

Facemos esta entrada para informarvos que no novo blogue da biblioteca tedes unha sección na que Tico irá recomendando diferentes lecturas ao longo do curso. Para atopalo tedes que pulsar nun símbolo de tres raias que se atopa na parte superior esquerda da páxina. 

Nestas datas cercanas ao Samaín e á celebración do Magosto, Tico recomenda as seguintes lecturas :





Todos este libros podedes atopalos na biblioteca do cole.



Animádevos a recomendar tamén vós as vosas lecturas favoritas na sección " Os nenos/as te recomendan" 

Se preferides ler na vosa tablet ou ordenador deixámovos un enlace ao conto " Un Halloween diferente "



sábado, 28 de outubro de 2017

Frutos do outono imos recoller....

Este ano, tendo en conta o noso proxecto anual "Escoita a nosa terra" os nenos do Colexio Cid coñeceron máis polo miúdo os produtos típicos desta estación que nos ofrece a natureza e a man dos noso labregos.

Ademais aprenderon varias poesías relacionadas cos froitos do outono da man do noso novo amigo Tico.





Ademais iniciamos e fomentamos tamén o traballo en equipo nos máis pequenos para que dende as idades máis tempranas desenvolvan a intelixencia interpersonal.



luns, 23 de outubro de 2017

APRENDEMOS COAS FABAS

Esta vez aproveitamos as fabas e os tomates cherry para facer unha sesión de matemáticas manipulativa. Antes diso debullamos as fabas para coñecer un pouquiño máis o oficio dos nosos labregos: profesión elexida no noso proxecto lingüístico.
Despois empregamos as fabas para contalas e traballar as cantidades e as xuntamos para traballar as sumas. Ademais cos tomates continuamos repasando o sentidos do gusto, tacto e a vista.
Aquí vos deixamos algunhas fotos da nosa sesión. 





luns, 16 de outubro de 2017

Stop incendios

Os/as alumnos/as do Colexio Cid mostraron hoxe a súa repulsa contra os incendios que están a asolar os nosos bosques gardando un minuto de silencio durante o recreo. Con esta acción tamén quixemos solidarizarnos con toda a xente que está a pasalo moi mal.


A nosa Terra non se queima!






sábado, 7 de outubro de 2017

MMMM! QUE FROITA MÁIS RICA!

A semana pasada todos os nenos e nenas do cole poideron desfrutar dunha cata de uvas, mazás e figos totalmente ecolóxicos. Esta é unha das distintas actividades que realizaremos este ano enmarcadas no proxecto "Escoita a nosa terra". Ademais de degustar as distintas froitas e recoñecer diferentes sabores, coñeceron os beneficios de comer froita todos os días.
Anteriormente xa estiveramos coñecendo as diferenzas entre froitas e verduras.



Aquí vos deixamos algunhas fotos desta experiencia tan agradable.