sábado, 19 de maio de 2018

Estamos de excursión!

Os alumnos/as de 6º de primaria están a desfrutar da súa excursión do último ano.O tempo é inmellorable e están a facer todo tipo de actividades: snorkel, kayak, senderismo...
O están a pasar xenial!!!




venres, 18 de maio de 2018

QUEREMOS A NOSA FAMILIA

Este ano celebramos o día da familia para facerlle unha homenaxe de amor e agarimo a todas as persoas que forman cada unha das nosas diferentes familias. 

Con contos, cancións e agasallos recordamos a importancia de ter xente que te quere e te apoia e os valores que nos ensinan os membros dela.




















mércores, 16 de maio de 2018

Día da ciencia na rúa


Un ano mais participamos nesta iniciativa promovida pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Neste ano traballamos cun fío conductor moi importante, a Terra.  Na nosa jaima os nosos/as nenos/as amosaron cómo está constituida e qué podemos facer nós para coidala.








Desfrutamos dun marabilloso día acompañados/as das nosas familias, amigos/as e ex- compañeiros/as a todos/as eles/as...

Moitas Grazas!



Premer na imaxe





Premer na imaxe

xoves, 10 de maio de 2018

OS OFICIOS DA TERRA

Este ano o noso proxecto lingüístico ten como fío condutor os oficios da terra xa que como sabedes o noso proxecto anual de centro chámase Escoita a nosa terra. Nesta entrada podedes ver algúns dos traballos e actividades que fixeron as nenas e nenos do cole durante os últimos meses.















Posteriormente realizamos unha exposición dalgunhas desas actividades para que o resto dos compis do cole aprenderan un pouquiño máis cos traballos das demais clases.












mércores, 25 de abril de 2018

Xogamos ao Ultimate!

Os alumnos/as de 5º e 6º de E.P. recibiron o pasado luns unha visita moi especial. O inicio do Ultimate, nas clases de Educación Física, veu acompañado da visita de dous profesionais deste deporte. Sara Rey e Pedro Marcote, membros do club coruñés Polbo e representantes do equipo español en campionatos de Europa e do Mundo, viñeron dar unha clase de iniciación ao Ultimate ao noso alumnado.




A través de diversos xogos de aprendizaxe,  comezaron a familiarizarse cos lanzamentos e recepcións dos discos, algo completamente novo para todos.




Ao final da sesión, Sara e Pedro seleccionaron aos catro alumnos/as que máis interese e esforzo puxeron durante a sesión, e déronlle uns agasallos de recordo polo seu esforzo.



Moitas grazas ao club Polbo e, en especial, a Sara e Pedro polos agasallos e pola clase! Esforzarémonos nas vindeiras clases para aprender todo o que nos ensinastes! Foi un placer e oxalá poidades volver e ver todo o que imos aprender.

luns, 23 de abril de 2018

COUSIÑAS DO DÍA DO LIBRO

Todos sabedes da importancia de ler un libro xa que nos aporta múltiples beneficios para a nosa saúde. Hai uns días celebramos  o día da saúde e este luns, 23 de abril celébrase o día do libro. É por isto que Tico vos quere informar dalgúns destes beneficios:
  • aumentas o teu vocabulario.
  • entrenas o teu cerebro conseguindo aumentar a túa memoria.
  • se les un libro antes de durmir (non a tablet) descansarás mellor.
  • aumenta a concentración, tan importante para atender na clase e aprender cousas novas cada día.
  • desenvolve a imaxinación e fomenta a creatividade.
  • nos desenvolve tamén social e emocionalmente xa que cando les, coñeces outros mundos e culturas diferentes á túa, o que nos axuda a ter empatía e tolerancia polos demais.

Sei que á maioría dos nenos entretéñense moito lendo os libros de aventuras así que aquí vos deixo unha pequena mostra duns cantos que chegaron de novo á nosa biblioteca.




Recomendo especialemte que leades FORMIG4S, MISIÓN BARCELONA, xa que está ambientado na capital catalá o 23 de abril, día do libro e do seu patrón Sant Jordi. O misterio comeza en La Pedrera, un precioso edificio modernista co doutor Paumaro poñendo en marcha un plan para conseguir que ninguén volva ler un libro nunca máis.


De todos os xeitos quero tamén recordarvos que tedes libros de todo tipo: de ciencias, clásicos, cómics, de fantasía e tamén libros para coidar a nosa natureza tal e como recordamos o pasado xoves.

Espero as vosas visitas durante toda esta semana e como di Iris de cuarto de primaria, a nosa gañadora do concurso do marcapáxinas deste ano:  Ven e descobre o mundo.




Noraboa Iris!


domingo, 22 de abril de 2018

Día Internacional da Terra

Celebramos o Día Internacional da Terra para recordar que o Planeta e os seus ecosistemas dannos vida e sustento e que debemos asumir a responsabilidade colectiva de fomentar esta armonía coa natureza e a Nai Terra.


Quixemos aportar o noso gran de area plantando dúas árbores: unha acacia e un Erythrina crista-gali mentres recitábamos poemas e cantamos cancións.











venres, 20 de abril de 2018

Entrega de Licenzas do Proxecto Semente

Como xa vos presentamos hai uns meses, a nosa escola está a participar nunha iniciativa moi interesante chamada Proxecto Semente. Nela os cursos de 4º e 5º de primaria formaron dúas cooperativas, con todos os pasos que iso conleva, e están a elaborar os productos artesanais que  venderán no mercado de María Pita que se celebrará o vindeiro 25 de maio pola tarde.

Un dos últimos trámites, e non por iso menos importante, é a petición e recollida da licenza de venda. Esta licenza é a que permitirá aos alumnos poder vender os seus productos no seu posto.

O pasado martes,  17 de abril, tiveron a sorte de acudir ao  salón de plenos do Concello da nosa cidade. Estaban ansiosos por entrar, xa que era unha oportunidade boísima para coñecelo por dentro!



 Despois de ler os seus discursos, recolleron de mans do alcalde e concelleiro a licenza de venda.





Unha vez feita a entrega, os membros do equipo directivo de ambas cooperativas posaron  moi ledos coas licenzas nas súas mans.




Día do libro

Este luns será o día do libro e ,coma cada ano, o festexamos cun concurso de marcapáxinas....







































Este luns o descubriremos!!