mércores, 25 de abril de 2018

Xogamos ao Ultimate!

Os alumnos/as de 5º e 6º de E.P. recibiron o pasado luns unha visita moi especial. O inicio do Ultimate, nas clases de Educación Física, veu acompañado da visita de dous profesionais deste deporte. Sara Rey e Pedro Marcote, membros do club coruñés Polbo e representantes do equipo español en campionatos de Europa e do Mundo, viñeron dar unha clase de iniciación ao Ultimate ao noso alumnado.




A través de diversos xogos de aprendizaxe,  comezaron a familiarizarse cos lanzamentos e recepcións dos discos, algo completamente novo para todos.




Ao final da sesión, Sara e Pedro seleccionaron aos catro alumnos/as que máis interese e esforzo puxeron durante a sesión, e déronlle uns agasallos de recordo polo seu esforzo.



Moitas grazas ao club Polbo e, en especial, a Sara e Pedro polos agasallos e pola clase! Esforzarémonos nas vindeiras clases para aprender todo o que nos ensinastes! Foi un placer e oxalá poidades volver e ver todo o que imos aprender.

luns, 23 de abril de 2018

COUSIÑAS DO DÍA DO LIBRO

Todos sabedes da importancia de ler un libro xa que nos aporta múltiples beneficios para a nosa saúde. Hai uns días celebramos  o día da saúde e este luns, 23 de abril celébrase o día do libro. É por isto que Tico vos quere informar dalgúns destes beneficios:
  • aumentas o teu vocabulario.
  • entrenas o teu cerebro conseguindo aumentar a túa memoria.
  • se les un libro antes de durmir (non a tablet) descansarás mellor.
  • aumenta a concentración, tan importante para atender na clase e aprender cousas novas cada día.
  • desenvolve a imaxinación e fomenta a creatividade.
  • nos desenvolve tamén social e emocionalmente xa que cando les, coñeces outros mundos e culturas diferentes á túa, o que nos axuda a ter empatía e tolerancia polos demais.

Sei que á maioría dos nenos entretéñense moito lendo os libros de aventuras así que aquí vos deixo unha pequena mostra duns cantos que chegaron de novo á nosa biblioteca.




Recomendo especialemte que leades FORMIG4S, MISIÓN BARCELONA, xa que está ambientado na capital catalá o 23 de abril, día do libro e do seu patrón Sant Jordi. O misterio comeza en La Pedrera, un precioso edificio modernista co doutor Paumaro poñendo en marcha un plan para conseguir que ninguén volva ler un libro nunca máis.


De todos os xeitos quero tamén recordarvos que tedes libros de todo tipo: de ciencias, clásicos, cómics, de fantasía e tamén libros para coidar a nosa natureza tal e como recordamos o pasado xoves.

Espero as vosas visitas durante toda esta semana e como di Iris de cuarto de primaria, a nosa gañadora do concurso do marcapáxinas deste ano:  Ven e descobre o mundo.




Noraboa Iris!


domingo, 22 de abril de 2018

Día Internacional da Terra

Celebramos o Día Internacional da Terra para recordar que o Planeta e os seus ecosistemas dannos vida e sustento e que debemos asumir a responsabilidade colectiva de fomentar esta armonía coa natureza e a Nai Terra.


Quixemos aportar o noso gran de area plantando dúas árbores: unha acacia e un Erythrina crista-gali mentres recitábamos poemas e cantamos cancións.











venres, 20 de abril de 2018

Entrega de Licenzas do Proxecto Semente

Como xa vos presentamos hai uns meses, a nosa escola está a participar nunha iniciativa moi interesante chamada Proxecto Semente. Nela os cursos de 4º e 5º de primaria formaron dúas cooperativas, con todos os pasos que iso conleva, e están a elaborar os productos artesanais que  venderán no mercado de María Pita que se celebrará o vindeiro 25 de maio pola tarde.

Un dos últimos trámites, e non por iso menos importante, é a petición e recollida da licenza de venda. Esta licenza é a que permitirá aos alumnos poder vender os seus productos no seu posto.

O pasado martes,  17 de abril, tiveron a sorte de acudir ao  salón de plenos do Concello da nosa cidade. Estaban ansiosos por entrar, xa que era unha oportunidade boísima para coñecelo por dentro!



 Despois de ler os seus discursos, recolleron de mans do alcalde e concelleiro a licenza de venda.





Unha vez feita a entrega, os membros do equipo directivo de ambas cooperativas posaron  moi ledos coas licenzas nas súas mans.




Día do libro

Este luns será o día do libro e ,coma cada ano, o festexamos cun concurso de marcapáxinas....







































Este luns o descubriremos!!

martes, 17 de abril de 2018

NOVIDADES NA BIBLIO

Tico é coñecedor de que o blogue do cole ten máis visitas que o blogue da biblioteca así que para que ningún neno se quede sen sabelo vos informa tamén, nesta entrada, dun novo libro que chegou a biblio:  El gran libro de los dinosaurios



Relacionados con este libro tan interesante, vos recomendo ademais este par de contos para aqueles nenos e nenas que lle guste o tema dos dinosaurios e queiran pasar un ratiño agradable na biblio ou na casa: Ingo e Drago e Ricardo e o dinosaurio vermello. Espero que vos gusten.


martes, 10 de abril de 2018

QUE BEN O PASAMOS NO SEGUNDO TRIMESTRE!

  ADEUS AO INVERNO E AO FRÍO NO NARIZ!

Durante a estación do inverno os nenos de 6º de infantil pasámolo xenial aprendendo contidos propios do inverno con manualidades, poesías, refráns, cancións e moito contido audiovisual. Deixamos algúns enlaces dos vídeos que máis lles gustaron aos nosos peques: 


CANCIÓN: EL INVIERNO ESTÁ LLEGANDO







Ademais, despois de trinta anos, volveu nevar un pouco na nosa cidade, así que aproveitamos esta circunstancia para seguir decorando a nosa clase. 





ROSA CARAMELO


Cada 8 de marzo celebramos o día internacional  da muller. Este ano traballamos co libro de Rosa Caramelo que trata da desigualdade entre sexos e estereotipos a través dunha manada de elefantes e elefantas. Para escoitar de novo o conto podedes pinchar na imaxe.






ALMA E CORAXE (Rosalía de Castro)

Dende o ano pasado vimos coñecendo a figura da escritora galega do século XIX. Unha das mellores escritoras do panorama universal e gran símbolo do noso pobo galego.
Aprendemos que visibiliza a vida cotiá da xente humilde e reivindica o papel das mulleres do seu século. 
E como decimos nós (@s peques): aquí nos podedes ver maquillando á nosa galega.



Se pinchades na seguinte imaxe de Rosalía podedes escoitarnos recitando un fragmento dun poema seu moi coñecido.



GRACIAS POR TANTO ROSALÍA


luns, 9 de abril de 2018

DIVERTÍMONOS CO BÁDMINTON!

Os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria descubriron un novo deporte durante as clases de Educación Física, o bádminton. Este deporte, descoñecido para a maioría do alumnado, comezou sendo algo novedoso no que traballaron con moitas ganas. 





Ao principio, darlle dúas ou tres veces seguidas era toda unha fazaña, pero co paso das sesións, a evolución de todos foi moi boa e remataron por ser capaces de divertirse con pequenos partidos.



Sen dúbida, o bádminton foi o descubrimento dunha nova afección co que aprender divertíndose.


venres, 6 de abril de 2018

Día Mundial da Saúde

Hoxe celébrase o Día Mundial da Saúde para conmemorar o aniversario da fundación da O.M.S. (Organización Mundial da Saúde).

Nós, este ano queremos adicarllo á importancia de desenvolver hábitos saudábeis de hixiene bucodental e alimentación sa entre os nosos nenos/as para previr e diminuir as caries e as enfermidades das encías,  os casos máis comúns entre os escolares de Educación Infantil e Primaria.








Por iso os deixamos unha serie de enlaces con actividades e cancións coas que poderedes traballar na casa xa que a vosa implicación é primordial.


Hora de cepillarse | Hábitos saudábeis | Pinkfong cancións Infantís

Guía familiar para a saúde bucal

Cómo cepillarse os dentes correctamente

Xogo de lavarse os dentes



A
















martes, 3 de abril de 2018

Escritura Creativa

Imaxínaste que un día a tele avaríase e.........


 Glub!
Absórbete!
Sí, sí! O que escoitas! Quedas dentro dela!

Esto é o que fixeron os nenos/as en informática onde, a partires da súa silueta, crearon divertidísimas historias: dende comer unha pizza co presidente do goberno ata pintar unha nova versión das Meninas de Velázquez...As Jereminas!

Que divertido é dar renda solta á imaxinación!






luns, 2 de abril de 2018

TICO INFORMA

Nenos e nenas do cole: Xa hai tempo que Tico vos avisou destas novidades: unha serie de catro cómics en galego das aventuras de Marcopola. Temos que dicir que teñen moito éxito xa que moitos nenos e nenas piden e reservan estes cómics e ata repiten a súa lectura.



Tico divertiuse moito lendo algúns deles. Convídavos tamén no blogue do cole a que veñades a coñecelos. 

AXENTE RICIÑOS

Andes de irmos de vacacións, o noso contacontos particular, Iago, fíxonos pasar un rato moi divertido relatando a historia da Axente Riciños. 
                         


Ao comezo do conto os nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria estaban moi atentos, pero deseguido Iago nos fixo rir e mover o esqueleto. Mirade que ben o pasamos.




Agardamos que esteas de volta moi cedo. Gracias Iago.