Xogos

Ola a todos e todas.

Estreamos esta páxina que seguro que será do voso agrado. Iremos colgando xogos para que podades repasar o que aprendedes na clase dunha maneira divertida.
Se tedes algunha dúbida ou opinión sobre os xogos, queremos coñecela para mellorar e que o pasedes o mellor posible.
Esperamos os vosos comentarios!!!!

  • Empezamos cun xogo co que traballaredes o cálculo mental e que serve para todas as idades xa que se pode elexir nivel de dificultade e diferentes operacións. O obxectivo do xogo é conseguir facer unha línea de bingo á vez que calculades.
          Se o abrides nun ordeador poderedes xogar directamente pero se o facedes
          dende o móvil ou a tablet pídevos que vos suscribades.



https://www.abcya.com/games/category/math




  • O seguinte xogo é para traballar a memoria dos máis pequenos. A memoria e a atención son moi importantes para a aprendizaxe. Na casa podemos axudar contándolle contos e que memoricen algunha parte que lles guste moito ou memorizando cancións. Tamén axuda a realización de crebacabezas (puzzles) ou do xogo do memory.

           Deixámosvos varios enlaces para que poidades mellorar a memoria dun xeito divertido.


           ¿Dónde están?


             Ponlos en orden


      





  • Deixamos outro xogo para traballar o cálculo mental, moi divertido. Tamén, como no BINGO, ten diferentes niveis e se pode xogar con diferentes operacións, así que serve para que practiquen neno/as de diferentes idades.
         Traballando o cálculo mental tamén desenvolvemos a memoria.


http://www.vedoque.com/juegos/granja-matematicas.html





  • O seguinte xogo é para os maiores do cole (os últimos cursos). É un xogo para traballar a ortografía e ten diferentes apartados así como un parchís para que xoguen e repasen esa ortografía varios amigos á vez. É moi divertido!!! 


http://contenidos.educarex.es/mci/2007/29/


  • Para os cursos de 5º e 6º de primaria deixámosvos unha serie de lecturas comprensivas online, e que tamén podedes descargar, para eses días de choiva nos que a lectura é unha boísima opción. Preme na imaxen!


  • Sabemos que vos encanta a música e....que mellor maneira que aproveitala para aprender inglés? Deixámosvos unha páxina de karaoke en varios idiomas, niveis e xéneros musicais. A canción comezará e teredes que rechear os ocos coas palabras que faltan. Esperamos que vos guste!



  • Continuamos con máis xogos de Vedoque de cálculo mental. Este xogo está baseado no xogo do método ABN de matemáticas de cálculo mental dos veciños ou amigos do 10. Con el comezamos a práctica do cálculo mental e asentamos a base desta parte das matemáticas. Preme no seguinte enlace e comeza a calcular!!!!


http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=suma10



  • Agora deixamos este xogo para traballar a estimulación da linguaxe e a lectoescritura  xa que ten apartados no que explica cómo pronunciar correctamente as letras e tamén explica dun xeito sinxelo qué partes do  noso corpo empregamos ao falar. Estes xogos son moi interesantes para os nenos do último curso de Educación Infantil e para os máis pequenos de Educación Primaria. Esperamos que pasedes un ratiño divertido aprendendo!!!! 
         Cando entredes premede na parte de alumnos. Só se pode xogar cun ordenador.




Nestas datas tan especiais para os nosos nenos e nenas deixamos esta páxina onde poden xogar ao mesmo tempo que desenvolven a memoria e diferentes intelixencias como a lingüística, a viso-espacial ou a lóxico matemática. Seguro que lles gusta xa que o Samaín é unha das súas festas favoritas.

Preme na imaxe e comeza a xogar!!!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario