PROXECTOS

Nesta páxina poderedes ir coñecendo os diferentes proxectos que realizaremos este ano.

 O primeiro deles é o Proxecto Semente no que participan os alumn@s de 4º e 5º de primaria. Este programa educativo promove a adquisición da competencia emprendedora e o traballo en equipo creando e xestionando unha cooperativa escolar. Contan coa axuda das súas tutoras e doutros guías que lles explicarán diferentes conceptos relacionados co mundo empresarial.: lexislación, publicidade, etiquetado, envasado... Precisamente a primeira fase deste proxecto comezou cunhas clases teóricas nas que coñecemos algúns destes conceptos.






Despois buscamos un nome para a empresa e creamos o noso logotipo. ¡ Fiore!   







Posteriormente realizamos os trámites de toda empresa: eleximos os cargos de presidente, secretario e tesoureiro por votación, elaboramos unha acta de constitución da nosa cooperativa e estatutos e procedemos á firma de ditos documentos.




Nos nosos obradoiros imos realizando os produtos que venderemos no mercado o 26 de maio. Aquí nos podedes ver traballando.










No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada